17-07-2026
     

ASESORAMENTOS INDIVIDUALIZADOS

O Concello de Brión pon en marcha un servizo gratuíto de mentorización para mulleres emprendedoras, con apoio personalizado para desenvolver unha idea, mellorar a xestión dun negocio ou adaptarse ás novas obrigas legais.

A quen vai dirixido?

Mulleres que teñan un negocio e queiran profesionalizalo ou facelo medrar.
Mulleres cunha idea empresarial que precisen orientación para poñela en marcha.
Mulleres que queiran iniciar unha actividade por conta propia.

Os asesoramentos abordarán:

Adaptación a Verifactu, facturación electrónica e outras normativas.
Mellora da xestión do negocio e optimización de recursos.
Análise de oportunidades como o obradoiro compartido de Brión para proxectos alimentarios.

As sesións poderán realizarse presencialmente no Concello de Brión ou en liña, con flexibilidade horaria.

Participación gratuíta. Prazas limitadas.

Info en: hola@dallequedalle.com

Tipo de Actividad
Documentos