OUTONO CULTURAL | Outono das Artes · Saber Galiza: o Seminario de Estudos Galegos
Proxección en Brión do documental "Saber Galiza: o Seminario de Estudos Galegos"
Dirixido por Cristina de la Torre. Producido por Nós Televisión.
Esta proxección forma parte do ciclo "Outono das Artes", un programa impulsado pola Deputación da Coruña que está a levar o cinema documental por diversos concellos de Galicia.
Sinopse:
Trátase dun documental que recupera a historia e o legado dunha das institucións fundamentais da cultura galega do século XX. A través de testemuños de especialistas, documentación histórica e a participación de estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, o filme percorre a traxectoria do Seminario de Estudos Galegos, pioneiro na investigación científica e humanística sobre Galicia. Unha proposta divulgativa que invita a redescubrir unha experiencia colectiva decisiva para comprender a historia, a lingua e a identidade do país.
DATA: 29 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
Ao remate da proxección, coloquio coa directora.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.