Obradoiros das Escolas de Danza e Música Tradicionais

Obradoiros das Escolas Municipais de Danza e Música Tradicionais
O Departamento de Cultura do Concello de Brión vai a organizar uns obradoiros de pandeireta, baile galego, gaita e percusión.

A actividade ten como obxectivo darlle continuidade participativa aos grupos que conforman as diferentes agrupacións da Escola de Danza e Música Tradicionais do Concello. Xa que este ano non foi posible comezar as actividades dentro das Escolas Culturais, estes obradoiros supoñen a oportunidade de manter un mínimo contacto coa actividade durante este curso, preparar o vindeiro e apoiar a cultura local da que formades parte activa.

Os obradoiros están dirixidos a todas as persoas que estaban matriculadas nas Escolas cando se suspenderon pola pandemia, e realizaranse entre o 24 de maio ó 5 de xuño, na Carballeira de Santa Minia (se o tempo non acompaña, trasladaranse ao baixo da Casa da Cultura) e por razóns de seguridade desenvolveranse en diferentes grupos cos distintos horarios (consultar no Tfno.: 981 50 99 08 - Casa da Cultura)

Ademais, realizaranse obradoiros de pandeireta ,baile galego gaita e percusión para persoas que non estaban inscritas o curso pasado, e desexen probar ou iniciarse nestas disciplinas.

Os obradoiros finalizarán cunha charla-conferencia e unha clase maxistral de Mercedes Peón xunto co profesorado da agrupación Ana Fernández e Santiago Lage.