O Roteiro Maker fai escala en Brión

Roteiro Maker
Robótica, impresión 3D, realidade aumentada e moitísimo máis no Roteiro Maker que percorrerá os Camiño de Santiago facendo unha parada en Brión o 19 de xuño

O Roteiro Maker é unha iniciativa que trata de achegar a ciencia e a tecnoloxía a zonas rurais e rururbanas de Galicia, ofrecendo diferentes obradoiros gratuítos para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido.

Ademais da súa presenza na Maker Faire Galicia os días 5 e 6 en formato dixital,  os días  12, 13, 15, 19 e 20 de xuño fará diversas paradas en diferentes paradas nos concellos de Ames, Brión, Rois, Dumbría e Muros entre outros. O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, realidade aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co camiño de Santiago, a súa contorna, patrimonio e cultura.

Se queres saber máis sobre as datas e sobre este proxecto non o dubides e visita a páxina web www.roteiromaker.com para coñecer todos os contidos que desenvolven durante as estancias nos distintos concellos.