18-06-2021
     
Concello de Brión

BRIÓN COA CULTURA - XUÑO/XULLO 2021

Dende o 18 de xuño ata o 8 de xullo, o Concello de Brión presenta "Brión coa Cultura".
Unha programación que achega a diferente lugares do municipio espectáculos musicais e teatrais destinados á veciñanza de todas as idades e en apoio do sector cultural.

PROGRAMA:

  • 18 de xuño ás 19:00 h.: A BANDA DO VERAN,  “A casa do terror”. Brión
  • 25 de xuño ás 19:00 h.: CHARO PITA E XOAN CURIEL, “Canta miña pedra canta”. Ons
  • 28 de xuño ás 19:00 h.: LUÍS VALLECILLO-PAPABUIS, “Cantares das letras”. Cornanda
  • 29 de xuño ás 19:00 h. A XANELA DO MAXÍN, “U-la lúa”. Luaña
  • 30 de xuño ás 19:00 h. OS QUINQUILLANS, “Por que é salgada a auga do mar?”. Os Ánxeles
  • 1 de xullo ás 19:00 h.: TITERES ALAKRÁN, “Os soños na gaiola”. Bastavales
  • 2 de xullo: CICLO DE JAZZ. Brión
                     - 20:30 h.: RAFA FERNÁNDEZ DÚO
                     - 21:30 h.: PABLO SANMAMED TRÍO
  • 4 de xullo ás 13:00 h.: RUTH CUNDÏNS. Viceso
  • 8 de xullo ás 19:00 h.: TEATRO DO NOROESTE, “Animais de compañía”. Brión


Todas as actuacións celebraranse con aforo limitado nos adros das igrexas parroquiais. En Brión, terán lugar na Carballeira de Santa Minia.

Entrada de balde ata completar o aforo.

Máis información na Casa da Cultura, tfno. 981 50 99 08

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-07-08