Brión convoca dous cursos de informática en liña e seis obradoiros dixitais

Brión convoca dous cursos de informática en liña e seis obradoiros dixitais
O Concello de Brión convoca dous cursos de informática en liña, de Word e Excel, e seis obradoiros dixitais para os meses de marzo e abril.

En todos os casos, as inscricións poderán realizarse, ata unha semana antes do inicio do curso, na Aula CeMIT  de Brión. Poderá facerse por teléfono, 981 50 99 08 (martes e xoves, de 10:00 a 13:00 horas) ou ben no mail cemit.brion@outlook.com (achegando datos persoais e nome do curso ou do obradoiro).

Os dous cursos básicos de manexo dos programas Word e Excel terán unha duración de 40 horas e un prezo de 50 euros cada un. Por mor das restricións da Covid-19, este ano os cursos terán lugar en liña, e non presenciais, durante os meses de marzo e abril, con titorías por videoconferencia. O Concello de Brión dará a posibilidade de obter un certificado do curso previa superación dun exame.

Duplica os obradoiros

No que atinxe aos obradoiros dixitais, a boa resposta da veciñanza durante o ano 2020 fai que o Concello de Brión opte por duplicar esta oferta formativa gratuíta. Trátase de pequenos obradoiros para aprender o manexo de tecnoloxías e programas moi concretos: certificado dixital, zoom, seguridade social, sede electrónica, SEPE e Chave 365. A duración é de 2 horas por obradoiro, que contará con titorías por videoconferencia os martes e xoves, previa solicitude da mesma por correo electrónico.