O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, vén de entregar os diplomas dos cursos de formación organizados polo Concello brionés durante este verán. Tres cursos impartidos na modalidade de teleformación e que están moi vencellados á atención dos escolares: manipulador de alimentos (10 horas), acompañante de transporte escolar (25 horas) e monitor/a de comedor escolar (35 horas).
Moito que facer! trátase dunhas xornadas itinerantes polas catro provincias galegas, que se celebrarán en 24 localidades distintas, co obxectivo de sensibilizar á poboación na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade.
O Concello de Brión puxo hoxe martes o punto e final ás actividades do seu programa de conciliación Concilia Verán, que tiveron lugar dende o pasado 24 de xuño en horario de 8:00 a 15:00 horas.