Concello de Brion

logotipo

Actividades

Novas

Imaxe do autor galardoado, Vicente Piñeiro
28-03-2023

O escritor Vicente Piñeiro (Lugo, 1954) resultou gañador da quinta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, un certame literario convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas.

Sinatura Convenio RFGF
23-03-2023

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán Abal, asinaron esta mañá un convenio para a redacción do proxecto de acondicionamento e remodelación do campo de fútbol José Pumar, na parroquia de Bastavales.

CPA Brión
17-03-2023

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Cultura, Sandy Cebral, veñen de recibir ás patinadoras do Club de Patinaxe Artística Brión, que se preparan para participar nos Campionatos de España do vindeiro 30 de marzo e 1 de abril en Alcoi (Alacante) despois da súa extraordinaria participación no Campionato Galego, onde obtiveron un segundo, un terceiro e un quinto postos.

Avisos

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!