Concello de Brion

logotipo
Slogan

Actividades

Novas

Presentación en Brión de Flashes de Úrsula Heinze
14-05-2022

A Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) acolleu a presentación en Brión da última publicación da recoñecida escritora Úrsula Heinze de Lorenzo, “Flashes”. Unha obra en dous volumes publicada por Edicións Fervenza que recompila un conxunto de relatos a xeito de instantáneas, onde a autora plasma momentos da súa vida.

Fegateatro maio 2022
03-05-2022

En maio regresa a Brión "FegaTeatro", un ciclo que  vai achegar ao noso municipio unha oferta cultural sólida arredor das artes escénicas, cunha proposta xurdida da colaboración entre a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), unha recoñecida institución con 20 anos de historia, e o Concello de Brión.

Maio Cultura-Letras galegas 2022
03-05-2022

O Día das Letras Galegas deste ano homenaxeará a Florencio Delgado Gurriarán. Escritor e militante galeguista que trala fin da Guerra Civil tivo que exiliarse a México, país onde se establecería definitivamente.

Avisos

Próximos Eventos

¡Brión en fotos!