LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS NA ACTIVIDADE CAMPAMENTOS DE VERÁN 2023

Listaxes de persoas admitidas para sorteo na actividade Campamentos de Verán 2023, nas súas modalidades Infantil e Xuvenil. Ao superar a demanda o número de prazas dispoñibles (60 en cada modalidade), será preciso realizar un sorteo para a asignación das mesmas entre as persoas inscritas na actividade.

  • Dende hoxe e ata o vindeiro LUNS 26 de XUÑO ás 14.00 h. poderán presentar reclamacións, corrixir erros ou darse de baixa.
  • O MARTES 27 de XUÑO realizaranse os sorteos públicos das prazas, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, no seguinte horario:
    • CAMPAMENTO INFANTIL: 17.00 h.
    • CAMPAMENTO XUVENIL: 18.00 h.
  • As persoas inscritas NON empadroadas no Concello de Brión quedan excluídas do sorteo. No caso de quedar prazas vacantes contactarase con elas.