SOLICITUDE DE PASES DE ACCESO DURANTE A ROMARÍA DE SANTA MINIA

Con motivo da celebración da Romaría de Santa Minia e como xa é costume os acesos con vehículos pola Avenida de Santa Minia estarán restrinxidos. Por este motivo, a veciñanza que teña que acceder aos seus domicilios con vehículos durante estes días terá que solicitar unha autorización de paso.

Para a expedición desta autorización será necesario aportar a matrícula do vehículo para o que se solicita e só se estenderá un pase por persoa e vehículo unicamente a aquelas que acrediten residir nos seguintes lugares:

- Avenida de Santa Minia, dende o número 15 ata o 82
- Lamiño (dende Avda. Santa Minia ata a estrada de Lamiño)
- Rúa Moutello
- Rúa Gondar

Os pases terán validez dende o luns 26 ás 16.00h. ata o martes 27 ás 23.00h.

As persoas residentes nos lugares indicados deberán cursar as solicitudes dende o xoves 15 ata o mércores 21 de setembro, nas oficinas xerais, no teléfono 981 887 006, ou a través da sede electrónica que se atopa na páxina web municipal.

Opcións de recollida:

Presencial: o xoves 22 de 16.30h. a 20.30h. e o venres 23 de 10.00h. a 13.00h. na Casa da Cultura.

Entrega no domicilio: deberá notificarse no momento da solicitude.

Correo electrónico: deberá notificarse no momento da solicitude.

Para calquera dúbida, contactar coa Policía Local no teléfono 981 893 474.