CAMIÑO DE SANTIAGO POLA RÍA DE MUROS NOIA EN 5 ETAPAS
O Concello de Brión organiza entre abril e agosto de 2026 unha actividade de sendeirismo para realizar por etapas o Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia.
Etapas
- 25 de abril: Muros - O Cruceiro de Roo, 24,1 km
- 30 de maio: O Cruceiro de Roo - Noia, 19,6 km
- 27 de xuño: Porto do Son - Noia, 17,2 km
- 11 de xullo: Noia - Urdilde, 20,2 km
- 8 de agosto: Urdilde - Santiago, 21,2 km
Información
- Prazas: 52 por etapa
- Prezo: 8 euros por etapa
- Saída en autobús: ás 9:00 horas
- Lugar de saída: Praza das Polbeiras
- Inscricións: ata o xoves anterior a cada etapa
Importante
- As persoas que completen as cinco etapas terán dereito á Compostela.
- É necesario levar xantar tipo picnic.
- Recoméndase roupa e calzado cómodos.
- Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Brión que se anoten ás cinco etapas.
Inscricións e información
Departamento de Deportes
Casa da Cultura do Concello de Brión
Carballeira de Santa Minia, 5
Teléfono: 981 50 99 08
Correo: deportes@concellodebrion.gal
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-08-08
Documentos
Camiño Muros Noia 2026.pdf
(1001.58 KB)