IX PREMIO LAUDAMUCO PARA TEXTOS TEATRAIS
O Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca o IX Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2027. Unha iniciativa que busca incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e contribuír ao recoñecemento da figura e obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, por todo o que representou e segue a representar para a nosa cultura.
Os orixinais poderán presentarse exclusivamente en formato dixital ata as 23:00 h. do día 29 de xaneiro de 2027, no enderezo de correo electrónico recollido nas bases de participación (Preme para consultar)
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2027-01-29