Brión Solidario: Campaña municipal de doazón de alimentos

BrionSolidario
BRIÓN, territorio solidario. Así de fácil, así de responsable

Apreciados veciños e veciñas:    

En primeiro lugar, desexo enviarvos o meu máis agarimoso saúdo como Concelleira de Servicios Sociais no Concello de Brión, pola inestimable colaboración que prestades dende hai xa once anos no desenvolvemento da campaña de recollida de alimentos “Brión Solidario”.

Dende o seu inicio, procurei colaborar nesta iniciativa municipal como veciña, e agora como concelleira, correspóndeme manter e si é posible, impulsar, o ánimo de cooperación e solidariedade entre a poboación de Brión, que dende hai tanto tempo ven contribuíndo a lograr a mellor cobertura de necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas do noso entorno.  

Agora teño un coñecemento máis fondo do esforzo que os veciños e veciñas de Brión realizades acotío para colaborar nesta campaña, así como noutras iniciativas municipais solidarias. A todos e todas debo expresar o meu máis profundo agradecemento, e trasladarvos o meu compromiso de manter e reforzar no posible esta simbiose entre a administración local e o tecido social do noso Concello.
 
Animándovos pois a participar na campaña de recollida de alimentos do Nadal 2023, envíovos un afectuoso saúdo.

Rosa Romero Fariña
Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade