OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO I "O parvo" de Teatro Badius
Teatro Badius presenta en Brión a obra "O parvo"
Sinopse:
Convidar a cear pode parecer un detalle bonito e ata desinteresado. Pero se as invitacións son como as de Pedro Brandoñas, a cousa cambia. Os problemas van vir cando o invitado, Francisco Piñeiro, que en principio parecía un pouco… parvo, comeza a enlear as cousas dunha maneira que a saber como acabará todo.
Tódolos públicos | Comedia
DATA: sábado, 8 de novembro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Máis información sobre a obra na FEGATEA
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-11-08