OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO: "Troia, 1940"
A Compañía Farándula Velutina presenta en Brión a obra: "Troia, 1940"
Sinopse:
Galicia, 1940. Trala contenda civil, comezan a deixarse sentir os primeiros síntomas represivos do novo réxime. Carme e Matilde ámanse, pero o seu é un amor prohibido. Cando a súa relación se descobre, son detidas e recluídas nun alpendre á espera do momento en que recibirán o castigo que merecen.
O seu destino non semella ser moi diferente ao das mulleres troianas que, segundo as vellas historias, se viron sometidas ao capricho dos vencedores dunha guerra inxusta, coma todas as guerras.
Unha peza que mestura mundos e recupera a linguaxe da traxedia clásica para contar unha historia intemporal.
Público adulto | Drama
DATA: sábado, 11 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Máis información sobre a obra na FEGATEA