OUTONO CULTURAL | Teatro | MOFA & BEFA: Os dous de sempre
O dúo Mofa & Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira) presentan en Brión o seu espectáculo "Os dous de sempre", baseado na obra de Alfonso R. Castelao e dirixido por Quico Cadaval.
Idade recomendada: +13 anos | Duración: 99 minutos | Xénero: Comedia
Sinopse:
Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O dúo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a súa fonte nos bufón e no escarnio medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Agora decídense a encarnar dous personaxes de papel, concibidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.
Pedriño e Rañolas son contraditorios, extremos, antagónicos, polarizados… mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un acomodadizo pusilánime (unha forma do materialismo).
Elenco: Evaristo Calvo - Víctor Mosqueira - Josito Porto | Espazo Escénico e Lumínico: Baltasar Patiño | Indumentaria: Carlos Alonso | Dirección Musical: Bernardo Martínez Dirección de Movemento: Marcos Orsi | Xefe Técnico: Octavio Mas | Construción de escenografía: Kukas & Pepe Quintela | Fotografía & Vídeo: Sonia García | Asistente de produción: Mon Serodio | Produción: Rubén G. Pedrero | Dramaturxia: Varela & Cadaval | Dirección: Quico Cadaval
DATA: venres 9 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social
Entrada de balde ata completar capacidade. Reserva obrigatoria de localidades na Billeteira Municipal.
Co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña