Será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia):

a) A apertura de establecementos abertos ao público cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento aberto ao público.
c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispor de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
e) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.
g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.

Con anterioridade á apertura do establecemento público ou ao inicio do espectáculo público ou actividade recreativa, quen exerza a súa titularidade ou as persoas encargadas da súa organización.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de Licenza de Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • O proxecto técnico, entendido como o conxunto de documentos que definen as actuacións a desenvolverse, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación. O proxecto que se presente incluirá o contido mínimo previsto pola normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios, deberá estar asinado por técnico/a competente e haberá de conter os datos e requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos construtivos e de actividades.
  • O plan de emerxencia, o plan de autoprotección, o estudo de impacto acústico e o dispositivo de asistencia sanitaria, cando sexan esixibles de acordo con a normativa de aplicación e conforme os requisitos que esta dispoña, redactados de conformidade coa normativa vixente e sempre que os seus contidos non se incorporaron ao proxecto técnico.
  • A declaración onde se faga constar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou a documentación acreditativa da dispoñibilidade do mesmo.
  • A documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quecemento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e as actividades a desenvolverse no mesmo.
  • O documento acreditativo da designación da persoa que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, en que ha de constar o nome, a dirección e a titulación e habilitación profesional da persoa designada.
  • Calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo concello.
  • A solicitude de licenza urbanística, si é o caso, acompañada pola documentación requirida pola normativa urbanística.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de Licenza de Actividade.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y presencial.