Se queres formar parte da nosa Escola de referencia en Brión e non estiveches matriculado/a no curso anterior, este é o teu momento. Aquí tes toda a información para non perder detalle.
Período de Matrícula
O salón de plenos de Ames acolleu a presentación da cuarta edición do festival solidario Fest For Dent, organizado pola entidade Art for Dent (Asociación Galega da enfermidade de Dent), Culturactiva e o restaurante Onde Keiras, en colaboración cos Concellos de Brión e Ames. Este ano o festival celebrarase no parque do Ameneiral (Bertamiráns) o sábado 21 de xuño, a partir das 17.00 horas. A programación anunciarase nas próximas semanas.
Os dramaturgos Julio Fernández Peláez (Zamora) e Alberto de Casso Basterrechea (Madrid) foron galardoados co VII Premio Laudamuco para Textos Teatrais pola súa obra conxunta "Vento mareiro non dá voltas", presentada a concurso baixo o lema “Acacia”.