Xa se atopan en funcionamento os dous puntos de recarga de vehículos eléctricos do Concello de Brión. Un está situado no aparcamento traseiro do edificio da Biblioteca Municipal na Carballeira de Santa Minia e o outro a carón da entrada do pavillón municipal de Lamiño.
O Concello de Brión informa do inicio das obras de acondicionamento da AC-543 ao seu paso polo municipio, concretamente no tramo entre a rotonda dos Ánxeles e a rúa Inxerido. Unha actuación para humanizar o núcleo máis poboado do municipio e repoñer o sistema de saneamento que suporán un investimento conxunto de 1,24 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia e o Concello de Brión.
Dende a chegada da nova dirección á plataforma X, a manipulación da información para a desinformación da cidadanía así como a promoción de teorías de conspiración de extrema dereita e racismo aumentou significativamente. Ademais estase a permitir a libre circulación de bulos, mentiras e discursos de odio, prácticas que non reflicten os valores de respecto, convivencia e transparencia que defendemos como institución pública.