O alcalde de Brión, Pablo Lago, celebra o acordo anunciado hoxe polo Consello da Xunta de declarar a Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. “Un obxectivo polo que o Goberno que presido leva varios anos traballando xa que non era de recibo que unha das romarías máis concorridas, singulares e arraigadas na comarca non tivera o recoñecemento que merecía”, sinala Lago Sanmartín.
Gran acollida en Brión á primeira sesión do “Pint of Science España”, un festival gratuíto que busca achegar a ciencia á cidadanía a través dun punto de encontro tan presente no noso país como son os bares. “O Pint Kids foi todo un éxito. Cubrimos todas as prazas e aos rapaces encantoulles, fóronse encantados coa experiencia.
A coruñesa María Peinado Casal recibiu na tarde do sábado 16 de maio o VIII Premio Laudamuco para textos teatrais de mans da concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero; da vicepresidenta da Academia Galega de Teatro María Barcala; e o director de Edicións Positivas, Francisco Macías.