BRIÓN, UNHA HISTORIA QUE CONTAR | CANTARES, POESÍA ORAL, TRADICIÓN...
Un novo serán de "Brión, unha historia que contar" co gallo da celebración do Mes das Nosas Letras, dedicado ao folclore e á tradición oral.
Data: venres, 9 de maio
Hora: 20:00 h.
Lugar de celebración: Carballeira de Santa Minia
PROGRAMA:
20:00 h. Acollida e presentación. A cargo de representante municipal e do técnico de cultura Alberto Álvarez.
20.10 h. Faladoiro moderado pola brionesa Minia del Río Arca:
- Cantares e tradición en Brión con Luciano Pena Andrade
- Transmisión cultural no eido musical tradicional contemporáneo coa directora da E.M. de Música e Baile tradicional de Brión: Ana Fernández
- A poesía popular oral como patrimonio cultural inmaterial coa investigadora en antropoloxía: Natividad Rei
- 25 anos de música e poesía con Manuel Vázquez Fernández, o cantautor galego: Manoele de Felisa.
21.10 h. Foliada con Manoele e con tódalas persoas presentes que
queiran participar. Únete traendo un instrumento!
Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-05-09