21-09-2025
     
Día 21 de setembro e 5 de outubro
Lugar de A Torre, Brión (Torres de Altamira)

ALTAMIRA BRILLA 2025 (Batalla de Altamira)

Despois do adiamento do mes de xuño por mor da meteoroloxía adversa, regresa a programación de actividades da cuarta edición de ALTAMIRA BRILLA

As actividades que non se puideron realizar en xuño, celebraranse o domingo 21 de setembro. Tamén se celebrará unha segunda representación teatral da “Batalla de Altamira” o domingo 5 de outubro.

PROGRAMA

Domingo, 21 de setembro
  • 12:30 h. Representación teatral “A Batalla de Altamira” a cargo de Os Quinquilláns.
  • 20:00 h. Actuación do Grupo de Pandereteiras da Costaneira de Ames
  • 20:30 h. Actuación do Grupo de Pandereteiras de Brión
  • 21:00 h. Concerto do grupo Carmela
Domingo, 5 de outubro
  • 12:30 h. Representación teatral “A Batalla de Altamira” a cargo de Os Quinquilláns.

 

Lugar de celebración: Torres de Altamira (Brión).

Acceso libre ata completar a capacidade do espazo.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-10-05