PUNTO DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN LGTBIQA+
Este ano na Romaría de Santa Minia ampliamos os espazos seguros!
Ademais do Punto Lila, contaremos o venres 26 de setembro (21:00h - 23:00h.) cun Punto de Información e Atención LGTBIQA+, xestionado pola asociación ALAS A Coruña e financiado pola Deputación da Coruña.
PUNTO LILA - Por unhas festas libres de violencia machista
- Espazo de atención a mulleres e persoas LGTBIQ+ que sufriran unha agresión machista.
- Lugar de sensibilización para promover unhas festas seguras e igualitarias.
PUNTO DE INFORMACIÓN E ATENCIÓN LGTBIQA+
- Servizo específico de acompañamento e información para persoas LGTBIQA+.
- Estará operativo o venres 26 de setembro, de 21h. a 23h., e situado no campo da festa
Porque no Concello de Brión queremos que todas e todos gocemos das festas con liberdade, respecto e seguridade.