O Concello de Brión vén de obter unha subvención para a execución das obras de impermeabilización de pozos de saneamento e monitorización de bombeos de augas residuais, unha actuación dirixida a reducir as infiltracións na rede municipal e mellorar a eficiencia do sistema de saneamento.
Esta actuación está subvencionada ao abeiro da Resolución de Augas de Galicia do 28 de marzo de 2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, en réxime de concorrencia non competitiva para concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O obra, cun orzamento total de 46.848,51 euros (IVE incluído), foi adxudicada á empresa Espina & Delfín S.L., por un importe de 46.839,10 euros (IVE incluído), e ten un prazo de execución de catro meses.
As obras deberán estar finalizadas antes do 31 de marzo de 2026, data límite establecida para a correcta xustificación da subvención concedida. Durante a execución, darase cumprimento ás obrigas de publicidade da axuda, incluíndo a colocación do cartel informativo facilitado por Augas de Galicia.
Con esta actuación, o Concello de Brión continúa avanzando na mellora das infraestruturas básicas municipais, optimizando a xestión das augas residuais e contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos ambientais e de sustentabilidade marcados pola normativa europea.
Actuación subvencionada por Augas de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU