O Concello de Brión recibe unha subvención europea para mellorar a rede de saneamento municipal

Cartel subvención
Esta actuación está subvencionada ao abeiro da Resolución de Augas de Galicia do 28 de marzo de 2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU

O Concello de Brión vén de obter unha subvención para a execución das obras de impermeabilización de pozos de saneamento e monitorización de bombeos de augas residuais, unha actuación dirixida a reducir as infiltracións na rede municipal e mellorar a eficiencia do sistema de saneamento.

Esta actuación está subvencionada ao abeiro da Resolución de Augas de Galicia do 28 de marzo de 2025, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, en réxime de concorrencia non competitiva para concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obra, cun orzamento total de 46.848,51 euros (IVE incluído), foi adxudicada á empresa Espina & Delfín S.L., por un importe de 46.839,10 euros (IVE incluído), e ten un prazo de execución de catro meses.

As obras deberán estar finalizadas antes do 31 de marzo de 2026, data límite establecida para a correcta xustificación da subvención concedida. Durante a execución, darase cumprimento ás obrigas de publicidade da axuda, incluíndo a colocación do cartel informativo facilitado por Augas de Galicia.

Con esta actuación, o Concello de Brión continúa avanzando na mellora das infraestruturas básicas municipais, optimizando a xestión das augas residuais e contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos ambientais e de sustentabilidade marcados pola normativa europea.

Actuación subvencionada por Augas de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU