POLO DE FRANCO
Unha comedia de Carme Polo de Franco, esposa de "A súa Excelencia o Xeneralísimo"
ESTREA
Estrea Absoluta
Sábado 16 de maio de 2026 ás 20:30h
No Centro Social Polivalente de Brión
SINOPSE
Carme Polo de Franco, esposa de "A súa Excelencia o Xeneralísimo" . Non lle gusta navegar no "Azor" e sinte especial predilección por Alfonsiño (o Excelentísimo Alcalde da cidade, Don Alfonso Molina). A súa vida transcorre entre as xoierías e os anticuarios da cidade -para espanto dos propietarios-, os seus netos e os compromisos ineludibles que o altísimo cargo do seu marido lle impoñen. É feliz no Pazo de Meirás, e se por ela fose, permanecerían na Coruña máis tempo do que a prudencia obriga. Se xa se celebraban consellos de ministros alí, por que non se poderían celebrar máis. Ademais, Paco, o seu marido, non debería traballar tanto. Dona Carme porfiaba nisto, como todas as mulleres cos seus homes, tanto traballar, tanto traballar e calquera día, toda España, ía ter un desgusto. Hai que ter en conta que a estas alturas do século, 1.958, Paco, o seu marido, ou sexa, o "Xeneralísimo" , xa era avó e cumprira os 66 anos.
AUTOR
Eduardo Alonso
REPARTO
Luma Gómez · Protagonista
Eduardo Alonso · Texto e Dirección
Eva Alonso · Produción
César Seijas · Proxeccións e vídeo
Chiripa · Deseño gráfico e fotografía
Reserva de invitacións: https://i.gal/sEg7q