Alfredo Conde Cid, escritor e articulista ourensán residente en Brión, recibiu de mans do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos; do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e da presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez González, a figura “A deusa de Alvite”, obra de Acisclo Manzano, que lle acredita como Premio José Luis Alvite 2026 de columnismo da APG.
O Concello de Brión é un dos primeiros municipios de Galicia en adherirse á nova Rede de Concellos contra o Acoso Escolar, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para reforzar a cooperación entre as administracións á hora de sensibilizar, previr, formar e resolver posibles casos de acoso escolar.
O Concello de Ames e o Concello de Brión poñen en marcha o novo obradoiro dual de emprego “Renova Verde”, un programa público de formación e emprego que contará con 20 prazas para alumnado traballador desempregado.