Clausura da 18ª Semana Musical´25: Hoxe entrega de Diplomas, II Premios Fin de Curso 2024/2025 e concerto da Banda de Música Magariños

Escola de Música Magariños
Tras catro días de intensa actividade musical, o Concello de Brión e o ESMUMA celebran hoxe 13 de xuño (19:30 h) a Clausura Académica da 18ª Semana Musical no Salón de Actos do Centro Social Polivalente.

Resumo das actividades realizadas:

    9 Xuño: Actuacións de Música de Cámara e Música e Movemento.
    10 Xuño: Presentación do proxecto intercultural "Un Mundo de Músicas".
    11 Xuño: Concerto dos Conxuntos Corais I, II e III.
    12 Xuño: Ciclo "Sons de Raíces" con músicas cun carácter moi familiar.

Programa de HOXE:

- Concerto da Banda de Música Magariños.
- Entrega de Diplomas a alumnado que finaliza ciclos formativos.
- Entrega dos II Premios Fin de Curso 2024/2025.

"Esta clausura coroa unha semana onde brillou o talento musical das nosas novas promesas brionesas"

- Datos prácticos:
- Salón de Actos (Centro Social Polivalente)
- 19:30 horas | Entrada gratuíta
+ Info: www.esmumagarinos.com