Neste 8 de marzo, no Concello de Brión xunto coa FEGAMP reafirmamos o noso compromiso para seguir visibilizando ás mulleres como xestoras do público, exercendo o poder e eliminando barreiras que aínda dificultan a seu acceso a postos de responsabilidade. Temos a oportunidade en Galicia de seguir pulando por un modelo municipal de desenvolvemento sostible, social, económico e medioambiental, centrado nas persoas, con perspectiva de xénero, con miradas máis plurais e coa igualdade impregnando a organización e a xestión dos concellos.
Asemade na Sesión Ordinaria celebrada polo pleno do Concello de Brión o día 18 de febreiro de 2026 aprobouse por unanimidade dos once membros presentes, pertencentes aos grupos municipais do PSG-PSOE (6), PP (3) e BNG (2), una declaración institucional para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.