Solicitude de pases de acceso durante a Romaría de Santa Minia 2026

Pases Santa Minia
Os pases terán validez dende o venres 25 ás 16.00h. ata o domingo 28 ás 23.00h.

Con motivo da celebración da Romaría de Santa Minia e como xa é costume os acesos con vehículos pola Avenida de Santa Minia estarán restrinxidos. Por este motivo, a veciñanza que teña que acceder aos seus domicilios con vehículos durante estes días terá que solicitar unha autorización de paso. 

Para a expedición desta autorización será necesario aportar a matrícula do vehículo para o que se solicita e só se estenderá un pase por persoa e vehículo unicamente a aquelas que acrediten residir nos seguintes lugares:

- Avenida de Santa Minia, dende o número 15 ata o 116
- Lamiño (dende Avda. Santa Minia ata a estrada de Lamiño)
- Rúa Moutello
- Rúa Gondar

As persoas residentes nos lugares indicados deberán cursar as solicitudes por escrito dende o venres 18 ata o xoves 24 de setembro, nas oficinas municipais do Concello de Brión ou a través da sede electrónica municipal.

Opcións de recollida:

Presencialmente na Casa da Cultura: 
-    LUNS 21: de 16.30h. a 19.00h.
-    MARTES 22: de 9.00 a 14.00h. e de 16.30h. a 19.00h.
-    MÉRCORES 23: de 9.00 a 14.00h. e de 16.30h. a 19.00h.
-    XOVES 24: de 9.00 a 14.00h. e de 16.30h. a 19.00h.

Entrega no domicilio: deberá notificarse no momento da solicitude.

Correo electrónico: deberá notificarse no momento da solicitude.

Para calquera dúbida, contactar coa Policía Local no teléfono 981 893 474.