Gran acollida en Brión á primeira sesión do “Pint of Science España”, un festival gratuíto que busca achegar a ciencia á cidadanía a través dun punto de encontro tan presente no noso país como son os bares. “O Pint Kids foi todo un éxito. Cubrimos todas as prazas e aos rapaces encantoulles, fóronse encantados coa experiencia.
A coruñesa María Peinado Casal recibiu na tarde do sábado 16 de maio o VIII Premio Laudamuco para textos teatrais de mans da concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero; da vicepresidenta da Academia Galega de Teatro María Barcala; e o director de Edicións Positivas, Francisco Macías.
Brión participará por primeira vez no festival gratuíto de ciencia en bares “Pint of Science España”, que se desenvolverá nas tardes dos días 18, 19 e 20 de maio no bar O Novo Faro e que conta coa colaboración do Concello de Brión.