O Concello de Brión abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán

Cacharelas de San Xoán
As persoas que desexen realizar unha cacharela na noite do 23 de xuño terán que comunicalo no Concello antes do día 22 de xuño ás 14h.

As comunicacións poderán realizarse a través do teléfono das oficinas municipais (981 88 70 06) onde as persoas interesadas terán que indicar a LOCALIZACIÓN EXACTA onde se pretende levar a cabo a cacharela, domicilio ou referencia catastral si se vai realizar nunha parcela. NOME E APELIDOS e DNI da persoa que o solicita e NÚMERO DE TELÉFONO de contacto. Para o caso de cacharelas que se pretendan realizar en espazos públicos deberán indicar ademais nun mapa o lugar exacto da celebración.

Ademais o concello emitiu un BANDO onde se establecen unhas normas básicas que se deben cumprir para o bo desenvolvemento da festa.

O Concello de Brión agradece a colaboración da veciñanza e recorda que o cumprimento das normas respecto ás cacharelas poderá ser comprobado pola Policía Local e/ou forzas de seguridade.