• Praza do Concello, 1 · 15865 · Brión
  • concello@concellodebrion.gal
Switch Language
  • English
  • Galego
  • Español
Home

Main navigation

  • CONCELLO
    • Alcaldía
    • Grupo de Goberno
    • Departamentos Municipais
    • Documentación municipal
    • Portal de Transparencia
    • Cita Previa
    • Teléfonos de Contacto
  • BRIÓN
    • Avisos / Convocatorias
    • Novas
    • Territorio
    • Turismo
  • ADMINISTRACIÓN
    • Sede electrónica
    • Perfil do contratante
    • Oficina Virtual Tributaria
  • ACTIVIDADES
  • + BRIÓN
    • Revista Altamira
    • Imaxe institucional
    • APP BriónInforma
    • APP Turismo
    • APP Incidencias
    • Outras ligazóns
    • Billeteira
+ Add Listing
  • + Login
  • + Register

Avisos

Breadcrumb

  1. Home -
  2. Avisos
  • PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL IV-PEÓN CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019.

    PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL IV-PEÓN CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019.

    [26/05/2021] Bases proceso selectivo (141.01 KB) , [23/09/2021] Lista provisional de persoas admiticas e exluidas (95.89 KB) , [11/03/2022] Lista definitiva de admitidos e exluídos, nomeamento de tribunal, e convocatoria para a realización do 1º exercicio (96.22 KB) , [29/03/2022] Plantilla coas respostas do primeiro exercicio da fase de oposición (versión galego e castelán) (1.39 MB) , [07/04/2022] Contestación a reclamacións do 1º exercicio, publicación da relación de aprobados e apertura do prazo de alegacións (1020.06 KB) , [06/10/2022] Convocatoria para a realización do 2º exercicio (840.82 KB) , [14/10/2022] Corrección de erro material na puntuación outorgada a un dos aspirantes (637.86 KB) , [21/10/2022] Puntuación do 2º exercicio da fase de oposición e comunicación do prazo para os efectos de alegacións (556.88 KB) , [26/10/2022] Descrición da proba práctica (448.29 KB) , [08/11/2022] Convocatoria para a celebración do 3º exercicio: proba de galego (295.77 KB) , [08/11/2022] Contestación ás alegacións formuladas e publicación da puntuación definitivas do 2º exercicio da fase de oposición (1.04 MB) , [16/11/2022] Cualificación do 3º exercicio da fase de oposición (175.24 KB) , [10/03/2023] Acta de resolución dos recursos de alzada (140.05 KB)
  • PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POLO SISTEMA EXCEPCIONAL DE CONCURSO

    Prazas de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Brión relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal que se convocan polo sistema de concurso ao abeiro do previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro.

    [09/12/2022] Bases xerais e específicas reguladoras (181.25 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL DE OFICINA ELECTRÓNICA (95.93 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE ENCARGADO DE SECCIÓN (OBRAS E MANTEMENTO DE INFRAESTRUCTURAS PÚBLICAS) (95.7 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL III - ALBANEL (95.61 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL IV - PEÓN (95.62 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE ENCARGADO DE SECCIÓN (VÍAS) (95.73 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL I – CONDUCTOR RETROESCAVADORA (119.87 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL I – TRACTORISTA (119.74 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL I – ALBANEL CONDUCTOR (119.88 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE PEÓN LIMPEZA EDIFICIOS MUNICIPAIS (95.63 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE PEÓN GES – PROTECCIÓN CIVIL (120.23 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL (95.96 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE TÉCNICO/A INTERVENCIÓN FAMILIAR – EDUCADOR FAMILIAR (120.53 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL ADMINISTRACIÓN (95.98 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE TÉCNICO/A EDUCACIÓN INFANTIL (96 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE TÉCNICO/A EDUCACIÓN INFANTIL (XORNADA 50%) (96.04 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL ADMINISTRACIÓN BIBLIOTECA (96 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (96 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE DIRECTOR/A ESCOLA DE MÚSICA (96.02 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE XEFE DE ESTUDOS MUSICAIS (95.99 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE TÉCNICO/A INFORMÁTICA (95.99 KB) , [06/03/2023] Anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (194.84 KB)
  • PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POLO SISTEMA DE CONSURSO-OPOSICIÓN

    Prazas de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Brión relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal que se convocan polo sistema de concurso-oposición ao abeiro do previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro.

    [09/12/2022] Bases xerais e específicas reguladoras (155.38 KB) , [06/03/2023] Modelo de solicitude PRAZA DE OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN, ESCALA: ADMÓN. XERAL, SUBESCALA: AUXILIAR. (96.04 KB) , [06/03/2023] Anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (194.84 KB)
  • MENÚS ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2022/2023
    [30/08/2022] MENÚ PARA O MES DE SETEMBRO 2022 (580.32 KB) , [03/10/2022] MENÚ PARA O MES DE OUTUBRO 2022 (611.82 KB) , [31/10/2022] MENÚ PARA O MES DE NOVEMBRO 2022 (591.92 KB) , [29/11/2022] MENÚ PARA O MES DE DECEMBRO 2022 (580.84 KB) , [01/01/2023] MENÚ PARA O MES DE XANEIRO 2023 (596.4 KB) , [30/01/2023] MENÚ PARA O MES DE FEBREIRO 2023 (592.36 KB) , [27/02/2023] MENÚ PARA O MES DE MARZO 2023 (586.67 KB)
  • ENQUISA DO PLAN DE SOSTIBILIDADE TURÍSTICA "A CORUÑA TERMAL"

    A Deputación da Coruña está inmersa na redacción do Plan de sostibilidade turística en destino (PSTD) para a temática de vilas termais para presentalo na convocatoria de 2023. Unha parte fundamental da redacción da candidatura consiste na diágnose do territorio (que neste caso, abrangue os concellos de Arteixo, Brión e Carballo), na que se pide que sexa participada e colaborativa.

    É por iso, que pedimos a veciñanza que cubra a seguinte enquisa: https://bit.ly/3xbUOz3

  • EXPOSICIÓN PÚBLICA

    En cumprimento do disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, Augas de Galicia somete ao trámite de información pública as solicitudes e documentación técnica achegada polos participantes no concurso de clave AC/6/178 que se mencionan no anexo, aos efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes, persoalmente ou por m

    [08/02/2023] Peticións dunha concesión de augas superficiais para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no Rio Tambre. (266.27 KB)
  • EXPOSICIÓN PÚBLICA

    Achégase a documentación que de seguido se relaciona e que poderán descargar a través do seu correspondente enlace, para os efectos da súa exposición pública no taboleiro de anuncios dese Concello durante o prazo de trinta (30) días que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do Acordo (no DOG). Ademais, esta documentación tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

    Proxecto Parque Eólico Marco. Nº Expte.: IN408A 2021/041 e Proxecto LAT evacuación Parque eólico Marco. Nº Expte: IN408A 2022/00 (213.17 KB)
  • ENQUISA INFORME SEGUIMENTO PACES Á VECIÑANZA DE BRIÓN

    O Pacto das Alcaldías é a maior iniciativa urbana do mundo en materia de clima e enerxía no que as autoridades locais comprométense a reducir as emisións un 40% ata o ano 2030,  mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovable  e desenvolver accións para mitigar o cambio climático.

  • PRÓRROGA DA LISTA DE AGARDA DE TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

    PRÓRROGA DA LISTA DE AGARDA DE TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

    [14/07/2021] 1ª PRÓRROGA DA LISTA DE AGARDA DE TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL. (191.77 KB) , [09/01/2022] 2ª PRÓRROGA DA LISTA DE AGARDA DE TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL. (158.15 KB)
  • CALENDARIO DO PUNTO LIMPO MÓBIL

    O punto limpo móbil, que levará a recollida selectiva a todas as aldeas do municipio, ten 8 compartimentos para a recollida de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa.

    Calendario do 26/12/2022 ao 16/04/2023 (1.02 MB)

Pagination

  • Current page 1
  • Page 2
  • Page 3
  • Page 4
  • Page 5
  • Next page Siguiente ›
  • Last page Última »

Últimos Avisos

  • 10/03/23
    PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL IV-PEÓN CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019.
  • 08/03/23
    PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POLO SISTEMA EXCEPCIONAL DE CONCURSO
  • 06/03/23
    PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POLO SISTEMA DE CONSURSO-OPOSICIÓN
  • 27/02/23
    MENÚS ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2022/2023

¿TE PODEMOS AYUDAR?

Quieres enterarte de todas las novedades del Ayuntamiento. Suscríbete y recibe toda la actualidad de Brión en tu correo electrón
The subscriber's email address.

Departamentos Municipais

  • Administración Xeral
  • Cultura e Deportes
  • Emprego
  • G.E.S.
  • P.I.C.
  • Policia Local
  • Servizos Sociais
  • Urbanismo

Legal

  • Sitemap
  • Aviso Legal
  • Política de Cookies
  • Política de protección de datos
© Copyright Web design & developed by Plat-on.es 2021. All Rights Reserved.

AS IGREXAS E CRUCEIROS

En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello. Ademais da capela de Santa Minia e a igrexa de Bastavales coa capela do Carme, pódese visitar as igrexas parroquiais, a maioría delas de estilo barroco, de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda, Viceso, Ons e Brión. Estas, ademais do edificio, adoitan acoller pezas ás veces moi valiosas coma os retablos, imaxes, ourivería, etc.

No percorrido polas diferentes parroquias tamén se pode atopar outro elemento moi importante do noso patrimonio, os cruceiros, entre os que compre destacar o de Bemil, Boullón, Vioxo de Abaixo, Goriña e Mourentáns.
 

AS TORRES DE ALTAMIRA

O monumento máis representativo do pasado histórico de Brión son as  Torres de Altamira, testemuña das numerosas liortas entre a nobreza e a igrexa. A fortaleza de Altamira ocupa o lugar estratéxico dunha acrópole castrexa, datando a súa construción, do século IX. Foi destruída polos irmandiños e posteriormente, xa reconstruída, asediada no ano 1471 polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando de Luís de Acevedo, sen moita sorte.

A fortaleza constaba de  seis torres, estancias para os donos e servidume e unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.

Pouco a pouco foi perdendo importancia para os condes e pasando de mans en mans. Xa en estado ruinoso, as pedras empregáronse para outras construcións ata chegar á actualidade, en que só quedan algúns restos do que fora unha das máis valorosas fortalezas na súa época.
 

BALNEARIO DO TREMO

No lugar do Tremo brota un manancial de augas sulfurosas das que se fai uso dende antigo para curar doenzas cutáneas, anque tamén son boas para a asma e, en xeral, para os aparellos respiratorio e dixestivo. Os veciños maiores lembran como antes era un lugar moi concorrido por persoas dos arredores, principalmente de Compostela. Ata a década dos sesenta aínda estaba en funcionamento o establecemento, pero en anos sucesivos foi quedando abandonado e cuberto pola vexetación. No soar construíuse en 1997 unha urbanización e desde o mes de abril de 2004 está funcionando o novo hotel e mailas instalacións do balneario.

Nesta mesma parroquia dos Ánxeles, entre as aldeas de Soigrexa e Estrar, existe outro manancial de augas medicinais coñecido como  Augas Ferras, situado á beira do río. A 200 metros existe outra instalación hoteleira, o Hotel Casa Rosalía.
 

CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

Para os forasteiros, falar de Brión é falar de Santa Minia, a Santa mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luís Tobío, que nacera en Lamiño o 1 de setembro de 1781.

O corpo da Santa chegou a Brión o 1 de agosto de 1848, aínda que o arcebispo Frei Rafael Vélez dispuxo que a urna fose exposta na igrexa parroquial para que todos os veciños puideran venerala. A Santa non tivo unha capela propia ata pasados vinte anos, cando se habilitou o novo templo, de planta rectangular e aínda sen rematar.

Entre 1851 e 1857 construíuse a nave e a sancristía e en 1905 fíxose unha nova urna para as reliquias da Santa e mailos altares laterais, dedicados á Virxe de Luján e á de Lourdes.

A Carballeira de Santa Minia é tan visitada como a urna da Santa. Tivo unha das mellores feiras que se celebraban na comarca, desde que fora trasladada alí a de Trasmil, en Agrón. A primeira feira celebrouse o día 30 de marzo de 1912.

Esta carballeira era o lugar elixido para as festas, xuntanzas de veciños, mitins políticos…, sendo memorable o acto de adhesión do concello ao levantamento contra o xeneral Espartero do 29 de xuño de 1843. Se os carballos falaran, cantas historias contarían de acontecementos importantes, de amoríos e de algunha que outra trasnada!

Á fermosura natural do lugar engadíuselle en 1913 a fonte dedicada ao deus Hermes ou Mercurio (o deus do comercio, en referencia á feira que acababa de empezar), agasallo de Vicente Ramos. É unha grande pía octogonal que recolle a auga que botan pola boca catro cabezas de león colocadas no alto da pilastra que fai de pedestal da estatua.

IGREXA DE BASTAVALES

A arquitectura relixiosa en Bastavales está representada pola igrexa de San Xiao na que se traballa dende 1768. É de planta de cruz latina cunha única nave. Un detalle curioso é que mentres as demais igrexas están mirando cara oriente, a de San Xiao está orientada cara o occidente para, deste xeito, poder ver as torres da Catedral de Santiago dende a porta principal. É na veciña aldea de Soigrexa dende onde Rosalía oía as campás da igrexa de Bastavales: “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar mórrome de soidades”. Hoxe en día aínda se pode desfrutar do son das campás, sobre todo en días especiais, en que cun pouco de sorte podemos escoitar como o campaneiro as fai “bailar” a ritmo de muiñeira.

No entorno da igrexa atópase o monumental conxunto formado pola Capela do Carme, de estilo barroco, e o adro, “balcón da Maía”, que ofrece unha das máis espléndidas panorámicas deste Val.
 

O CASTRO LUPARIO

Situado nas proximidades da aldea de Beca (Bastavales), conta a lenda xacobea medieval que era aquí onde tiña a súa residencia a Raíña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Na actualidade pódese ver dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, os máis deles posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de largo.

Nos arredores do castro tamén se atopa a ponte do Río Tinto, de feitura romanica, probablemente construída na Idade Media, e o Santo Arandel.

Outro castro destacable no concello é o de Lamiño, primeira acrópole castrexa da zona que se estudiou e que, segundo a lenda, foi construído polos mouros e ten no seu interior unha trabe de ouro que chega ata as torres de Altamira (cun pouco de sorte, na noite de San Xoán incluso se che pode aparecer na fonte de Agradacasa unha moza cunha galiña con pitiños de ouro).
 

O ENCORO BARRIÉ DE LA MAZA

No ano 1945 rematouse o encoro Barrié de la Maza sobre o río Tambre, preto das aldeas de A Graña e Vilariño (Cornanda). Este foi o primeiro encoro de grandes dimensións que se construíu en Galicia para produción de enerxía hidroeléctrica. O edificio da central, obra dun dos arquitectos máis famosos da época, Antonio Palacios, discípulo de Gaudí, está situado a sete quilómetros. río abaixo, xa no concello de Noia.

A auga dende o encoro ata a central lévase por unha canle descuberta que discorre paralela ao río, conservándose na franxa que queda entre o río e a canle, duns 200 metros, grande variedade de arborado autóctono.

Nos anos 60 construíuse unha nova central eléctrica nas proximidades da anterior. Para conducir a auga dende o encoro ata a central perforouse un túnel.
 

OS PAZOS

Neste concello hai varios pazos entre os que destaca o de Trasouteiro. As partes máis antigas do pazo puideran datar do século XIV, pero sufriu varias reformas posteriores, sobre todo no século XVII. Como os condes non residían nel, o pazo estaba alugado por unha determinada cantidade ao ano (360 reais no ano 1762). Para este pazo viñeron varios obxectos das torres, entre eles o retablo barroco da desaparecida capela dos Reis Magos e unha artística fonte renacentista.

Un dos pazos máis interesantes do concello é o da familia Armesto, situado na aldea de Salaño Pequeno (Ons), que ademais do casal de planta en “L” conta con capela e varias construcións auxiliares.

Outro tamén habitado é o do Armental, na parroquia de Os Ánxeles, e podemos atopar no Casal (Brión) as ruínas do pazo do mesmo nome.