• Praza do Concello, 1 · 15865 · Brión
  • concello@concellodebrion.gal
Switch Language
  • English
  • Galego
  • Español
Home

Main navigation

  • CONCELLO
    • Grupo de Goberno
    • Departamentos Municipais
    • Documentación municipal
    • Portal de Transparencia
    • Cita Previa
    • Guía de Comunicación
  • BRIÓN
    • Avisos / Convocatorias
    • Novas
    • Territorio
    • Turismo
  • ADMINISTRACIÓN
    • Sede electrónica
    • Perfil do contratante
    • Oficina Virtual Tributaria
  • ACTIVIDADES
  • + BRIÓN
    • Revista Altamira
    • Imaxe institucional
    • APP BriónInforma
    • APP Turismo
    • APP Incidencias
    • Outras ligazóns
    • Billeteira
+ Add Listing
  • + Login
  • + Register

Avisos

Breadcrumb

  1. Home -
  2. Avisos
  • EXPROPIACIÓN PARA IMPOSICIÓN DE SERVIDUMES DE PASO, SOBRE BENS E DEREITOS AFECTADOS POR INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS (Expediente: IN407A 2010/2268-1 EXPROPIACIÓNS)

    Acordo do 19 de xuño de 2023 da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón (expediente IN407A 2010/268-1).

    Acordo de levantamento das actas previas (143.76 KB) , Relación de propietarios bens e dereitos afectados (375.4 KB) , Corrección de erros no acordo (140.07 KB)
  • LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS POR SORTEO NA ACTIVIDADE CAMPAMENTOS DE VERÁN 2023

    Despois da realización do sorteo, que se celebrou na tarde do xoves 27 de xuño, procédese coa publicación das listaxes de persoas admitidas e en reserva na actividade Campamentos de Verán 2023, nas súas modalidades Infantil e Xuvenil.

    As persoas admitidas que desexen darse de baixa, poden facelo antes do vindeiro VENRES, 30 DE XUÑO.

    Listaxe persoas admitidas campamento xuvenil.pdf (110.05 KB) , Listaxe persoas admitidas campamento infantil.pdf (108.26 KB)
  • CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS MUNICIPAIS - PEL Concellos 2023

    Por resolución desta Alcaldía de data 5 de abril de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para a brigada de obras (tres albaneis e dous peóns) destinado á execución de obras e servizos municipais, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local. (Subvención da Deputación da Coruña, Programa PEL-Concellos ano 2023).

    [12/04/2023] Bases de selección (140.4 KB) , [12/04/2023] Anexo I - Modelo de solicitude (82.65 KB) , [10/05/2023] Lista provisional de persoas admitidas (148.98 KB) , [01/06/2023] Lista definitiva de persoas admitidas, nomeamento de tribunal e convotaria proba teórico-practica (150.65 KB) , [15/06/2023] Convocatoria para a proba de coñecemento de lingua galega o luns 19 ás 10h. (290.33 KB) , [16/06/2023] Puntuación da proba teórico - práctica e prazo de alegacións (571.78 KB) , [19/06/2023] Cualificación da proba de coñecemento da lingua galega (334.3 KB) , [21/06/2023] Baremación da fase de concurso, proposta de contratación e constitución da bolsa de emprego. (3.36 MB) , [26/06/2023] Decreto de contratación do persoal seleccionado (246.94 KB)
  • CACHARELAS E SARDIÑADAS NA NOITE DE SAN XOÁN EN ESPAZOS PÚBLICOS
    [23/06/2023] Relación de cacharelas en lugares públicos que se considera teñen completa a documentación (88.29 KB)
  • Labouras de xestión de biomasa nas liñas de UFG DISTRIBUCION ELECTRICIDAD SA

    En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunicámoslle as operacións de xestión de biomasa que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. vai realizar finalmente neste Concello.

    Oficio UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A (303.26 KB) , Plano de liñas afectadas (3.94 MB)
  • LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS NA ACTIVIDADE CAMPAMENTOS DE VERÁN 2023

    Listaxes de persoas admitidas para sorteo na actividade Campamentos de Verán 2023, nas súas modalidades Infantil e Xuvenil. Ao superar a demanda o número de prazas dispoñibles (60 en cada modalidade), será preciso realizar un sorteo para a asignación das mesmas entre as persoas inscritas na actividade.

    PERSOAS ADMITIDAS PARA SORTEO NO CAMPAMENTO INTANTIL.pdf (102.81 KB) , PERSOAS ADMITIDAS PARA SORTEO NO CAMPAMENTO XUVENIL.pdf (101.32 KB)
  • LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ACTIVIDADES LUDOVERÁN E CONCILIA VERÁN 2023

    Listaxes de persoas admitidas nas actividades Ludoverán (crianzas nadas entre 2018 e 2020) e Concilia Verán (crianzas nadas entre 2011 e 2017) do ano 2023.

    Asemade, lembramos que a actividade Ludoverán ‘23 celebrarase nas instalacións da ESMU Magariños e Concilia Verán ‘23 no Pavillón Polideportivo Municipal de Brión.

    Persoas admitidas Concilia Verán 2023.pdf (188.38 KB) , Persoas admitidas Ludoverán 2023.pdf (130.89 KB)
  • EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL POLAS ELECCIÓNS XERAIS DO ANO 2023

    Recibiuse do Instituto Nacional de Estatística o CENSO ELECTORAL que se empregará nas próximas Eleccións Xerais do ano 2023 que terán lugar o 23 de xullo de 2023. Este censo é o pechado a 27 de febreiro de 2023.

  • CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A BRIGADA DE OBRAS: ENCARGADO DE SECCIÓN (VÍAS)

    Por resolución desta Alcaldía de data 10 de abril de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar o seguinte persoal laboral temporal: Encargado de Sección (Vías), para a brigada de obras e servizos municipais do Concello, para cubrir baixa por ILT.

    O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días naturais e comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

    [14/04/2023] Bases de selección (141.64 KB) , [14/04/2023] Anexo I - Modelo de solicitude (96.59 KB) , [28/04/2023] Lista provisional de persoas admitidas e excluidas (51.18 KB) , [09/05/2023] Lista definitiva de admitidas e excluidas, composición do tribunal e convocatoria para a proba teórico-práctica (149.37 KB) , [11/05/2023] Puntuación obtida na fase de oposición e proposición de contratación do único aspirante. (667.33 KB)
  • CALENDARIO DO PUNTO LIMPO MÓBIL

    O punto limpo móbil, que levará a recollida selectiva a todas as aldeas do municipio, ten 8 compartimentos para a recollida de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa.

    1. - Calendario do 26/12/2022 ao 16/04/2023 (1.02 MB) , 2.- Calendario do 17/04/2023 ao 31/12/2023 (200.24 KB)

Pagination

  • First page « Primera
  • Previous page ‹ Anterior
  • Page 1
  • Page 2
  • Page 3
  • Page 4
  • Current page 5
  • Page 6
  • Page 7
  • Page 8
  • Page 9
  • Next page Siguiente ›
  • Last page Última »

Últimos Avisos

  • 15/05/25
    SELECCIÓN DUN/HA TÉCNICO/A DE DEPORTES, MEDIANTE PROMOCIÓN INTERNA, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN
  • 07/05/25
    PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL I - CONDUCTOR CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PUBLICO 2024
  • 06/05/25
    OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO RENOVA VII
  • 05/05/25
    PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE OFICIAL ADMINISTRACIÓN, FUNCIONARIO/A DE CARREIRA, CONTIDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024 DO CONCELLO DE BRIÓN

¿TE PODEMOS AYUDAR?

Quieres enterarte de todas las novedades del Ayuntamiento. Suscríbete y recibe toda la actualidad de Brión en tu correo electrón
The subscriber's email address.

Departamentos Municipais

  • Administración Xeral
  • Cultura e Deportes
  • Emprego
  • G.E.S.
  • P.I.C.
  • Policia Local
  • Servizos Sociais
  • Urbanismo

Legal

  • Sitemap
  • Aviso Legal
  • Política de Cookies
  • Política de protección de datos
© Copyright Concello de Brión. Todos os dereitos reservados.

AS IGREXAS E CRUCEIROS

En Brión pódese facer un fermoso percorrido polas igrexas das diferentes parroquias, principais obras arquitectónicas e artísticas do concello. Ademais da capela de Santa Minia e a igrexa de Bastavales coa capela do Carme, pódese visitar as igrexas parroquiais, a maioría delas de estilo barroco, de San Salvador, Os Ánxeles, Boullón, Luaña, Cornanda, Viceso, Ons e Brión. Estas, ademais do edificio, adoitan acoller pezas ás veces moi valiosas coma os retablos, imaxes, ourivería, etc.

No percorrido polas diferentes parroquias tamén se pode atopar outro elemento moi importante do noso patrimonio, os cruceiros, entre os que compre destacar o de Bemil, Boullón, Vioxo de Abaixo, Goriña e Mourentáns.
 

AS TORRES DE ALTAMIRA

O monumento máis representativo do pasado histórico de Brión son as  Torres de Altamira, testemuña das numerosas liortas entre a nobreza e a igrexa. A fortaleza de Altamira ocupa o lugar estratéxico dunha acrópole castrexa, datando a súa construción, do século IX. Foi destruída polos irmandiños e posteriormente, xa reconstruída, asediada no ano 1471 polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando de Luís de Acevedo, sen moita sorte.

A fortaleza constaba de  seis torres, estancias para os donos e servidume e unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.

Pouco a pouco foi perdendo importancia para os condes e pasando de mans en mans. Xa en estado ruinoso, as pedras empregáronse para outras construcións ata chegar á actualidade, en que só quedan algúns restos do que fora unha das máis valorosas fortalezas na súa época.
 

BALNEARIO DO TREMO

No lugar do Tremo brota un manancial de augas sulfurosas das que se fai uso dende antigo para curar doenzas cutáneas, anque tamén son boas para a asma e, en xeral, para os aparellos respiratorio e dixestivo. Os veciños maiores lembran como antes era un lugar moi concorrido por persoas dos arredores, principalmente de Compostela. Ata a década dos sesenta aínda estaba en funcionamento o establecemento, pero en anos sucesivos foi quedando abandonado e cuberto pola vexetación. No soar construíuse en 1997 unha urbanización e desde o mes de abril de 2004 está funcionando o novo hotel e mailas instalacións do balneario.

Nesta mesma parroquia dos Ánxeles, entre as aldeas de Soigrexa e Estrar, existe outro manancial de augas medicinais coñecido como  Augas Ferras, situado á beira do río. A 200 metros existe outra instalación hoteleira, o Hotel Casa Rosalía.
 

CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

Para os forasteiros, falar de Brión é falar de Santa Minia, a Santa mártir traída da catacumba romana de Santa Inés por Luís Tobío, que nacera en Lamiño o 1 de setembro de 1781.

O corpo da Santa chegou a Brión o 1 de agosto de 1848, aínda que o arcebispo Frei Rafael Vélez dispuxo que a urna fose exposta na igrexa parroquial para que todos os veciños puideran venerala. A Santa non tivo unha capela propia ata pasados vinte anos, cando se habilitou o novo templo, de planta rectangular e aínda sen rematar.

Entre 1851 e 1857 construíuse a nave e a sancristía e en 1905 fíxose unha nova urna para as reliquias da Santa e mailos altares laterais, dedicados á Virxe de Luján e á de Lourdes.

A Carballeira de Santa Minia é tan visitada como a urna da Santa. Tivo unha das mellores feiras que se celebraban na comarca, desde que fora trasladada alí a de Trasmil, en Agrón. A primeira feira celebrouse o día 30 de marzo de 1912.

Esta carballeira era o lugar elixido para as festas, xuntanzas de veciños, mitins políticos…, sendo memorable o acto de adhesión do concello ao levantamento contra o xeneral Espartero do 29 de xuño de 1843. Se os carballos falaran, cantas historias contarían de acontecementos importantes, de amoríos e de algunha que outra trasnada!

Á fermosura natural do lugar engadíuselle en 1913 a fonte dedicada ao deus Hermes ou Mercurio (o deus do comercio, en referencia á feira que acababa de empezar), agasallo de Vicente Ramos. É unha grande pía octogonal que recolle a auga que botan pola boca catro cabezas de león colocadas no alto da pilastra que fai de pedestal da estatua.

IGREXA DE BASTAVALES

A arquitectura relixiosa en Bastavales está representada pola igrexa de San Xiao na que se traballa dende 1768. É de planta de cruz latina cunha única nave. Un detalle curioso é que mentres as demais igrexas están mirando cara oriente, a de San Xiao está orientada cara o occidente para, deste xeito, poder ver as torres da Catedral de Santiago dende a porta principal. É na veciña aldea de Soigrexa dende onde Rosalía oía as campás da igrexa de Bastavales: “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar mórrome de soidades”. Hoxe en día aínda se pode desfrutar do son das campás, sobre todo en días especiais, en que cun pouco de sorte podemos escoitar como o campaneiro as fai “bailar” a ritmo de muiñeira.

No entorno da igrexa atópase o monumental conxunto formado pola Capela do Carme, de estilo barroco, e o adro, “balcón da Maía”, que ofrece unha das máis espléndidas panorámicas deste Val.
 

O CASTRO LUPARIO

Situado nas proximidades da aldea de Beca (Bastavales), conta a lenda xacobea medieval que era aquí onde tiña a súa residencia a Raíña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Na actualidade pódese ver dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, os máis deles posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case setenta metros de longo por uns corenta de largo.

Nos arredores do castro tamén se atopa a ponte do Río Tinto, de feitura romanica, probablemente construída na Idade Media, e o Santo Arandel.

Outro castro destacable no concello é o de Lamiño, primeira acrópole castrexa da zona que se estudiou e que, segundo a lenda, foi construído polos mouros e ten no seu interior unha trabe de ouro que chega ata as torres de Altamira (cun pouco de sorte, na noite de San Xoán incluso se che pode aparecer na fonte de Agradacasa unha moza cunha galiña con pitiños de ouro).
 

O ENCORO BARRIÉ DE LA MAZA

No ano 1945 rematouse o encoro Barrié de la Maza sobre o río Tambre, preto das aldeas de A Graña e Vilariño (Cornanda). Este foi o primeiro encoro de grandes dimensións que se construíu en Galicia para produción de enerxía hidroeléctrica. O edificio da central, obra dun dos arquitectos máis famosos da época, Antonio Palacios, discípulo de Gaudí, está situado a sete quilómetros. río abaixo, xa no concello de Noia.

A auga dende o encoro ata a central lévase por unha canle descuberta que discorre paralela ao río, conservándose na franxa que queda entre o río e a canle, duns 200 metros, grande variedade de arborado autóctono.

Nos anos 60 construíuse unha nova central eléctrica nas proximidades da anterior. Para conducir a auga dende o encoro ata a central perforouse un túnel.
 

OS PAZOS

Neste concello hai varios pazos entre os que destaca o de Trasouteiro. As partes máis antigas do pazo puideran datar do século XIV, pero sufriu varias reformas posteriores, sobre todo no século XVII. Como os condes non residían nel, o pazo estaba alugado por unha determinada cantidade ao ano (360 reais no ano 1762). Para este pazo viñeron varios obxectos das torres, entre eles o retablo barroco da desaparecida capela dos Reis Magos e unha artística fonte renacentista.

Un dos pazos máis interesantes do concello é o da familia Armesto, situado na aldea de Salaño Pequeno (Ons), que ademais do casal de planta en “L” conta con capela e varias construcións auxiliares.

Outro tamén habitado é o do Armental, na parroquia de Os Ánxeles, e podemos atopar no Casal (Brión) as ruínas do pazo do mesmo nome.