25-11-2022
     
12:00h.
Praza do Concello

CONCENTRACIÓN EN REPULSA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

VENRES 25 DE NOVEMBRO ÁS 12H NA PRAZA DO CONCELLO

Este ano contaremos coa participación do alumnado de Brión:

- O alumnado de 4º da ESO participará coa lectura dunha escolma de poesía das poetas Elvira Riveiro e Olga Novo, e coa a presentación de creacións propias nas que estiveron traballando esta semana: ilustracións, acrósticos, un haiku…

- O alumnado do 1º ciclo do CEIP tamén participará na concentración deste venres, pero neste de xeito non presencial xa que lles é imposible achegarse a esas horas, e a súa achega será un mural da Porta Violeta da canción de Rozalén.

Segundo as Nacións Unidas, cada 11 minutos é asasinada unha muller ou unha nena no mundo pola súa parella ou por alguén da súa familia (en moitos destes casos polo seu propio pai, co fin de facerlle dano á súa parella)


Dende o 2003, ano no que se comezaron a rexistrar as vítimas por violencia de xénero, en Galicia xa van 66 mulleres asasinadas. E esta só e a punta do iceberg, pois a violencia machista maniféstase de múltiples maneiras no día a día, a maioría das veces de xeito silencioso e/ou invisibilizado.

É por isto, que convocamos a toda a veciñanza que poida achegarse para amosar a nosa firme repulsa fronte aos maltratadores, o noso apoio ás vítimas e as súas familias, e a nosa aposta por extender a cultura do #botrato como ferramenta para facer fronte á violencia machista.

 

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2022-11-25