21-04-2023
     
21 e 24 de abril, Horario biblioteca
Biblioteca Municipal de Brión

Abril, mes do libro e a lectura | Colle o teu libro e corre: solta de libros

Dentro da programación especial de actividades para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, a biblioteca municipal e a casa da Cultura convídate a participar na actividade:

"Colle o teu libro e corre" : solta de libros = bookcrossing

Baixo o mesmo slogan que o pasado ano, “Colle o teu libro e corre”, agasallaremos á cidadanía de Brión cun libro a escoller no punto de recollida que habilitaremos para a ocasión no recibidor da biblioteca municipal.

Actividade de solta de libros | Para tódolos públicos

Data: 21 e 24 de abril
Hora: No horario de apertura da biblioteca.
Lugar de celebración: Biblioteca municipal de Brión

Máis información no blog da biblioteca

Fecha Fin
2023-04-24