25-09-2026
     
17:30 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

X FESTIVAL DE TÍTERES DE BRIÓN

Os monicreques regresan a Brión por Santa Minia para presentar unha nova edición do Festival de Títeres de Brión. E xa van aló dez anos...

Programa:

Venres 25 de setembro:

Trécola Producións (Galicia) presenta:
"Pituquito Literal"

Sinopse:
Pituquito é un rapaciño novo que desfruta da natureza, do parque, dos amigos, dos tiktoks… mentres loita, desde a súa inocencia, contra unha chea de inxustizas que vai atopando no camiño.

Sábado 26 de setembro:

Companhia Heliodora (Brasil) presenta:
"Barbacena"

Sinopse:
Un aclamado espectáculo teatral de monicreques e formas animadas creado pola compañía brasileira Heliodora, liderada polo prestixioso director e marionetista Fabio Superbi.

Domingo 27 de setembro:

Fantoches Baj (Galicia) presenta:
"Novos lobos"

Sinopse:
Un espectáculo no que se aborda a igualdade de xénero e a non violencia desde a perspectiva das novas masculinidades. Nel, deconstrúense algúns contos da literatura popular coa vontade de ofrecer ferramentas que fomenten a paz e axuden a prever a violencia de xénero.

Tódalas funcións celebraranse ás 17:30 h. no Centro Social Polivalente de Brión.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-09-27