31-10-2026
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 - Pedrouzos, Brión

OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO | TEATRO ESCOITADE: A cova das mil mulleres

O grupo Teatro Escoitade presenta en Brión o espectáculo "A cova das mil mulleres"

Xénero: Traxicomedia | Tódolos públicos | Duración aprox.: máis de 50 min.

Sinopse:

Que pode suceder nos países onde os gobernos pretenden ser os mandóns, porque gobernan e mesmo coidan que poden arrasar aos veciños sen que estes se defendan.

Consecuencia, aquí, alí, acola, en todo o planeta dependemos do que gravemente pode suceder. E sucederá?

Mellor que non aconteza, é o meu sentir. Aínda así, na COVA DAS MIL MULLERES, elas sofren, soportan, estudan, viven e mesmo gozan da desgraza e da sorte que aconteceu no planeta hai xa máis de cincocentos anos. Aí habitan nunha inmensa cova que lles permiten respirar un novo aire e tamén vivir moitos novos anos, xunto cos FALÓNS, que elas así bautizaron e así lle chaman aos masculinos. Cada ano todas celebran no TORREIRO DA COVA, ao pé da entrada á cova, unha festa na que tamén participan algúns FALÓNS.

DATA: sábado 31 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

Máis información na FEGATEA

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2026-10-31