Brión, concello solidario coa axuda a persoas refuxiadas afgás

Imaxe de persoas nunha rúa de Afganistán
O Concello de Brión desexa colaborar na resolución da crise humanitaria derivada da evacuación de persoas refuxiadas de Afganistán

En resposta á solicitude de colaboración que realiza a FEGAMP para o acollemento de persoas afgás refuxiadas, o Concello de Brión ven de poñer a disposición das entidades con competencia na materia que van a desenvolver o Plan de Acollida os seguintes medios, que se irán implementando segundo sexan requiridos:

  1. Actualización e xestión do “Rexistro de Familias de Acollida de Brión para Persoas Refuxiadas”
  2. Posta a disposición da rede “Brión Solidario” para a dotación de artigos do fogar, roupa, calzado, xoguetes, material escolar, artigos de hixiene, alimentos de primeira necesidade…
  3. Outorgamento de prioridade e gratuidade para o acceso a servizos municipais educativos, culturais e de lecer.
  4. Apoio para a comunicación mediante a xestión de tradutor/a e mestre/a de castelán/galego
  5. Outorgamento de medios de apoio ao transporte e á comunicación coas instancias administrativas en Santiago: tarxeta social metropolitana gratuíta
  6. Información, orientación e apoio na xestión de trámites administrativos, a través dun servizo especializado en dereito internacionaI