26-09-2021
     
Carballeira de Santa Minia (Brión)

CICLO FEGATEATRO: "A MIRADA DAS BOLBORETAS" DE LOHENGRÍN

A compañía Lohengrín Teatro presenta en Brión o seu espectáculo "A mirada das bolboretas"

Sinopse:

Lohengrín teatro presenta un conta contos musical, unha peza interactiva onde o obxectivo principal é conseguir que maiores e pequenos se divirtan xuntos entrementres escoitan a historia de Oso Mauro, que anda na procura dun abrazo moi grande e tenro. A peza esta composta por parte musicais e mímicas interactivas.

Contacontos. Público familiar. Duración aprox.: 60 min.

Data e hora de celebración: domingo, 26 de setembro ás 18:00 h.

Lugar de celebración: Carballeira de Santa Minia (Brión)

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de localidades: A través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Enviar mensaxe co nome/s do/s asistente/s, NIF e teléfono de contacto.

#aculturaesegura. Espectáculo que respecta as medidas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral.

Fecha Fin
2021-09-26