01-10-2021
     
Sala Municipal de Exposicións - Casa da Cultura (Brión)

LER CONTA MOITO: PACO NOGUEIRAS "EXTRA!"

Para celebrar o mes das bibliotecas, a BPM de Brión presenta o primeiro de cinco espectáculos que van celebrarse ao longo do mes de outubro:

"Extra!" de Paco Nogueiras

Espectáculo para toda a familia baseado no libro-disco do mesmo título editado por Kalandraka.

Sinopse:
A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!

Lugar de celebración: Sala municipal de exposicións (Casa da Cultura)

Data e hora: venres, 1 de outubro ás 18:00 h.

Entrada de balde ata completar o aforo. Reserva de localidades na biblioteca municipal, no tfno. 981 50 99 69 (tardes) ou no correo electrónico bibliotecadebrion@briondixital.org

Espectáculo patrocinado polo programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2021-10-01
Documentos