27-11-2021
     
Centro Social Polivalente

BRIÓN CULTURAL: "BERNARDA" - MALASOMBRA TEATRO

Malasombra Teatro presenta "Bernarda"

Público adulto (maiores de 14 anos). Drama. Duración aprox.: 70 min.

Data e hora de celebración: sábado 27 de novembro ás 20:00 h.

Lugar: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: entradasbrion@gmail.com (Enviar mensaxe co nome dos asistentes, NIF e teléfonos de contacto) ata as 14:00 h. do día 25 de novembro.

Sinopse:

“Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Máis información sobre o espectáculo: http://www.malasombra.gal/teatro/index.php/gl/espectaculos/espectaculos-en-xira/41-bernarda

Fecha Fin
2021-11-27