Presentase BO NADAL, a programación cultural para o mes de decembro, do Concello de Brión

Nadal 2021
Durante todo o mes de decembro Brión terá un amplo abano de actividades culturais que comezarán co Festival BRIÓNinclúe e rematarán coa tradicional cabalgata do día de Reis.

O Festival BRIÓNinclúe será o encargado de abrir a programación e celebrarase dende o día 1 ao 12. Este festival convertera a Brión na capital galega da inclusión e dentro das súas actividades teremos contacontos en lingua de signos, espectáculos de danza, humor, teatro e música para tódolos públicos.

O día 16 de decembro farase a presentación do libro "Rosas y Espinas" de María Antonia Cao López, brionesa de nacemento e residente en Barcelona. Será as 20:30h. na Sala municipal de exposicións da Casa da Cultura, con reserva previa de localidade no mail: bibliotecadebrion@briondixital.org.

O tradicional Concurso de tarxetas de Nadal estase a desenvolver unha vez mais e chega nese 2021 á súa 31 edición. O 17 de decembro será o último día para entregar os traballos.

O 18 de decembro, o centro social polivalente as 18h., acollerá a obra "Os Fabulosos Cleaners" de Malasombra Teatro. Neste espectáculo dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. Para publico familiar a partires de 3 anos.

O 22 de decembro a música encherá o escenario do Centro Social Polivalente ás 18h onde Loli e os Reis do Ritmo presentan "Un Nadal con ritmo". Loli Nogueira (Voz), finalista do programa de TV “Tú si que Vales”, xunto con Alejandro Casquero (Teclados), Ivan Barreiro (Guitarras) e Carlos Arévalo (Bateria) deleitarannos con unha reinterpretación das panxoliñas populares coñecidas por todos. Pop, Rock, Disco, Folk, Swing, Reggae, Rumba, etc... son algúns dos estilos que compoñen este show ameno e divertido para que a familia ao completo desfrute coa música en directo.

O Festival de Títeres de Nadal celebrará este ano a súa 26 edición e celebrarase durante os días 27, 28 e 29 de decembro no Centro Social Polivalente as 17:30h. Así o luns 27 Títeres Alakrán presentará a súa obra "Desconexión", o martes 28 Títeres Tanxarina fará o propio coa obra "A galiña Azul" e o mércores 29 A Xanela do Maxín representarán "O apalpador e a nena sen medo".

Para completar esta programación o día 5 de xaneiro terá lugar a tradicional visita das SS.MM. Os Reis Magos de Oriente que, un ano mais, recibirán aos nenos e nenas de Brión para atender de primeira man as súas peticións. En breve daremos conta de mais información sobre como de desenrolará esta visita.

Un ano mais o Concello de Brión presenta unha ampla programación totalmente gratuíta para todo o mes de decembro e onde a maioría de actividades están programadas especialmente para a rapazada e pensadas para o desfrute da familia ao completo.

Practicamente tódolos espectáculos son con RESERVA PREVIA, para asistir a eles e preciso reservar localidades gratuitamente  a través da billeteira municipal.

Para mais información poden dirixirse a CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE BRIÓN na Carballeira de Santa Minia, ou no teléfono 981 50 99 08.

Documentos

Cartel programación Nadal 2021