Os Reis Magos visitarán mañan Brión

Reis Magos
Como sempre virán cargados de ilusión e algún que outro regalo, pero eso sí sempre con moita seguridade para evitar contaxios pola pandemia da COVID.

Tal e como marca a tradición, mañá será un dos dias mais especiais do ano para as persoas mais pequenas da casa pois as Suas Maxestades Os Reis Magos de Oriente chegarán a Brión para estar con todas as nenas e nenos que o desexen.

O séquito real, igual que o fixera o ano pasado, chegará moi de mañan a Brión en un autobús de época para percorrer durante todo o día as distintas parroquias. A recepción real deixou de celebrarse no pabillón municipal o ano pasado por mor da pandemia e co fin de evitar as masificacións que se producian neste recinto. Así por segundo ano os reis vistaran todas e cada unha das parroquias para escoitar de primeira man as peticións dos mais pequenos e pequenas e compartir con eles uns momentos que de seguro lles fará moita ilusión.

Como dicimos, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados de persoal municipal e mais do alcalde Pablo Lago Sanmartín farán un percorrido por todo o territorio briones onde convidarán aos asistentes a chocolate quente e rosca. O percorrido definitivo, que sufriu variacións tanto nas ubicacións como nos horarios polas inclemencias do tempo, será o seguinte:

👉 10:30h. Local Social de CORNANDA
👉 11:00h. Adro da Igrexa da LUAÑA
👉 11:30h. Adro da Igrexa de VICESO
👉 12:15h. Adro da Igrexa de ONS
👉 13:15H. Parada do transporte escolar de Tembra - BOULLÓN
👉 16:30h. Adro da Igrexa de BASTAVALES
👉 17:30h. Entorno da Capela de SAN SALVADOR
👉 18:00h. Campo de San Ramón - O TREMO
👉 19:00h. Adro da Igrexa dos ÁNXELES
👉 20:00h. Praza do Concello - BRIÓN

⚠ Nestas localizacións, a rapazada poderá falar durante uns minutos coas SS.MM. os Reis Magos para entregarlles as súas cartas e pedirlles os seus agasallos. Recordamos que, para que esta actividade sexa segura, é necesario que todos fagamos caso estricto ás recomendacións sanitarias. Debe gardarse a distancia de seguridade interpersoal evitando os grupos entre persoas non convivintes, utilizarase sempre e en todo momento a mascara e, co fin de evitar aglomeracións, cada neno/a só poderá estar acompañado por unha persoa adulta como máximo.

⚠ Tamén facemos fincapé en que, tanto menores como adultos, se teñen mais de 37º de temperatura corporal ou calquera dos sintomas xa coñecios ou teñen sospeitas de que estiveron en contacto con algunha persoa contaxiada de COVID non deben acudir a ete evento.

#aculturaesegura #quenonseperdaailusión