Bastavales

PARROQUIA DE SAN XIAO DE BASTAVALES

ALDEAS:
Babenzo, Baliño, Bastavaliños, Beca, Bemil, Casaldoeiro, Caxusa, Coruxido, Chave de Carballo, Chave de Ponte, Fontao, A Igrexa, Osebe, O Outeiro, Reboredo Grande, Romarís, Rubial, Sabaxáns, Saíme, Soigrexa, A Telleira, Vidaloíso, Vilas, Xinzo.

CODIGO POSTAL: 15280

EXTENSIÓN: 14,4 km cadrados

XEOGRAFÍA:
Punto máis alto: Pico se Santa Cecía (494,5metros)
Punto máis baixo: Rio Sar (10 metros)
E entre os dous puntos, o Val da Amaía

VALE A PENA VER:
Castro Lupario
Santo Arandel
Ponte do Río Tinto
Monte de Santa Cecía, cos restos da capela a Pena dos Mozos
Igrexa parroquial de San Xiao e Capela do Carme
Cruceiros: Adro da Igrexa, Beca, Bemil, Sabaxáns
 

A HISTORIA:
Conta a lenda que na parroquia de San Xiao de Bastavales, concretamente no castro de Beca, tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Pénsase que este Castro Lupario, ou Castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.

No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que, con estritamente históricos, trata temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
 

PARROQUIA DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES