03-10-2025
     
20:30 h.
Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

OUTONO CULTURAL |Teatro profesional: "El virus de la violencia"

A compañía arxentina El Vacío Fértil presenta en Brión a obra "El virus de la violencia"

Unha obra de teatro escrita e dirixida por Mariña Wainer, que transcorre durante unha lúa de mel soñada, cando a pandemia que comezou no 2020 irrompe na aparente felicidade dunha parella e todo cambia por completo entre eles

Sinopse

A peza teatral abre a porta ao debate sobre a violencia de xénero e os feminicidios. Tamén é unha testemuña verídica da pandemia, dado que a obra foi ensaiada polos protagonistas "compañeiros na vida real" na súa propia casa e dirixida por vídeo chamada.

Público adulto | Drama

DATA: venres, 3 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente | Avda. de Santa Minia nº  46, Pedrouzos-Brión.

ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala.
É preciso reservar na Billeteira Municipal

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2025-10-03