OUTONO CULTURAL |Teatro profesional: "El virus de la violencia"
A compañía arxentina El Vacío Fértil presenta en Brión a obra "El virus de la violencia"
Unha obra de teatro escrita e dirixida por Mariña Wainer, que transcorre durante unha lúa de mel soñada, cando a pandemia que comezou no 2020 irrompe na aparente felicidade dunha parella e todo cambia por completo entre eles
Sinopse
A peza teatral abre a porta ao debate sobre a violencia de xénero e os feminicidios. Tamén é unha testemuña verídica da pandemia, dado que a obra foi ensaiada polos protagonistas "compañeiros na vida real" na súa propia casa e dirixida por vídeo chamada.
Público adulto | Drama
DATA: venres, 3 de outubro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente | Avda. de Santa Minia nº 46, Pedrouzos-Brión.
ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala.
É preciso reservar na Billeteira Municipal