PROVISIÓN POLO SISTEMA CONCURSO-OPOSICIÓN DE TRES PRAZAS DE PEÓNS/PEOAS FORESTAIS, PERSOAL LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE PRESENTACIÓN DE OFERTA DE EMPREGO NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA AO ABEIRO DO PROGRAMA GALICIA SUMA TALENTO: RURAL ACTIVO 2026

Contratación de tres (3) persoas traballadoras como peóns/peoas forestais, grupo de cotización 10, en réxime laboral temporal vinculado a programas de políticas activas de emprego, por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo denominado "limpeza de faixas secundarias municipais do Concello de Brión", a cargo da subvención para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo para o no 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ó abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan á súa convocatoria (código de procedemento TR351G). (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2026).