O Concello de Brión resultou beneficiario dunha subvención de 15.000 euros para a adquisición de equipamentos destinados a un novo punto limpo móbil, concedida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 15 de xaneiro de 2026.
O CEIP de Pedrouzos abriu hoxe venres a programación especial polo 50 aniversario do colexio brionés, que se desenvolverá durante o curso 2026/2027.
Con motivo da celebración da XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía, o sábado 3 de outubro estableceranse restricións ao tráfico entre as 16:00 e as 20:00 horas nas rúas sinaladas.
A veciñanza residente nas rúas polas que discorre a proba e que teñan intención ou necesidade de desprazarse deberán deixar os seus vehículos fora do treito indicado antes das 16:00h.